Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,30 horas (Centro Cívico A Ponte) A Asociación MANAIA organiza a xornada “As familias da adopción: biolóxicas e adoptivas”, que comezará coa charla coloquio a cargo de Lila Parrondo, psicóloga especializada en temas de infancia e familia. Desde o ano 2000, dirixe e coordina Adoptantis, un Centro de información, preparación e apoio psicoterapéutico para familias adoptantes e desde 2004 dirixe o El periódico de la Adopción", unha publicación en liña mensual dedicada a familias e profesionais interesados na temática.

As familias biolóxicas e as familias adoptantes forman, xunto aos fillos, o triángulo da adopción. Quen son os biolóxicos, como viven a separación?, Quen son os adoptivos, como viven o encontro? A vinculación é igual en todos os modelos de familias adoptantes? As pantasmas e os medos, duns e outros, os retos e desafíos aos que se verán enfrontados, serán cruciais para o desenvolvemento da identidade dos fillos

Ás 14:30 horas haberá un xantar e de 16:30 a 19:30 o OBRADOIRO Como manexamos a familia de orixe cas nosas fillas e fillos? Para continuar, de xeito máis práctico, ás diferentes cuestións que plantexamos na charla da mañá.

 

Desde as 16:00 horas (Saídas desde Barra de Miño e Os Peares) 49 Descenso do Miño:

  • A saída das categorías menores e das probas femininas será ás 16:30h, e a dos populares ás 16:00, desde Barra de Miño, cun percorrido duns 7,5 km, coa participación duns 40 clubes de España e Portugal, máis de 100 deportistas categoría cadete masculino e máis de 70 deportistas categoría cadete feminino
  • A saída das categorías senior e junior (17:30) será desde Os Peares, cun percorrido duns 17,5 km. Participarán en torno aos 40 clubes de España e Portugal, máis de 120 deportistas en categoría senior masculino, máis de 40 deportistas en categoría senior feminino e máis de 40 participantes categoría junior masculino

20:30 horas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á entrega de premios do Descenso do Miño

 

PROGRAMA DAS FESTAS DE OURENSE 2017

 

22.00 horas. Praza Maior. PREGÓN a cargo de Sergio Pazos

 

22.30 horas. Praza Maior. Concerto a cargo de IVÁN FERREIRO

“Casa” sétimo álbum en solitario do artista vigués Iván Ferreiro tras 13 anos con “Los Piratas”, banda da que foi líder, cantante e compositor principal, fundada en Vigo no 1991, e que foi considerado un dos grupos máis influentes na escena pop e rock. Aforo Limitado

 

00.30 horas. Rúa do Progreso. Verbena coa orquestra Grupo Assia

 

DEPORTES

 

8.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 Wu Shu: XVI Trofeo Internacional Cidade de Ourense. Lugar: Pavillón dos Remedios

 

10.00 a 20.00 Aeromodelismo: Campionato autonómico de F3U “Carreira de drons”. Lugar: Pista Municipal de Santa Mariña