Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horasCentro Cívico A Ponte. A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, asiste á inauguración da exposición de fotografía Quimper, c´est l´été, na que terá a oportunidade de falar, a través de Skype, co director do Centro Social des Abeilles da cidade de Quimper.

 

11:00 horas. Salón de Plenos. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á presentación dos 10 primeros seleccionados no Concurso Piano Meeting. Na rolda de prensa estarán tamén a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; o director de Viaqua en Galicia, Julio Masid; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o director do festival, Javier Otero Neira.

 

11:30 horas. Sala de Xuntas do Consello Municipal de Deportes. Presentación do XVI Campionato Internacional Cidade de Ourense de Wushu. Asiste o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

 

12:00 horas. Museo Municipal. Presentación de Tempo, de Isabell Seidel. Asisten, ademais da artista, o alcalde de Ourense e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

 

13:15 horas. Centro Cultural Marcos Valcárcel. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, clausura o I Congreso Red Localis. Las entidades locales ante la transparencia y la innovación.

 

19:00 horas. Centro Municipal de Promoción da Saúde. Obradoiro Como actuar en caso de emerxencias, organizado pola Concellería de Sanidade. entrada libre até completar aforo.

 

20:30 horas. Praza de San Martiño. Actuación con motivo do Día da Música do Coro de nenos cantores da Capela Madrigalista.