Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas (Escola Municipal de Saúde. SÓ GRÁFICOS. Vasco da Ponte, 1). Curso de manipulación de alimentos organizado polo Concello de Ourense, dentro do programa “Boas Prácticas Alimentarias e Prevención da Obesidade” da Concellería de Sanidade. (Dura ata as 13:00 horas)

 

10:00 horas (Entrada da Casa do Concello). Descuberta de esculturas de Antón Faílde cedidas en comodato para o disfrute da cidade. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez e o fillo do artista, Miguel Ángel Faílde; así como a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; e Eva Torres, directora de espazos expositivos do Concello de Ourense.

 

10:30 horas (Museo Municipal. Rúa Lepanto). O alcalde, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; e Eva Torres, directora de espazos expositivos do Concello de Ourense, visitan o remate das obras de instalación do ascensor no Museo Municipal.

 

12:30 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa de presentación do programa completo das Festas de Ourense 2017. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira Belén Iglesias.

 

16:00 horas (Sala Valente). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á reunión da Comisión de Modernización, Participación Ciudadana y Calidad de la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).

Esta Comisión da FEMP, que está presidida polo rexedor ourensán, reúnese por primeira vez na súa historia en Ourense.

A Comisión de Modernización Participación Cidadá e Calidade ten como obxectivo principal difundir e promover os procesos de modernización, participación cidadá e calidade na Administración Local.

Para iso desenvólvense accións de sensibilización, promoción, intercambio e formación da implantación de iniciativas modernizadoras, sistemas de participación e de xestión da calidade nas Administracións Locais, así como colaboración con centros de investigación, universidades, consultoras ou outras administracións, para desenvolver traballos de campo na aplicación e experimentación metodoloxías de modernización e calidade (experiencias piloto) e a súa posterior difusión ao resto de entidades locais.