Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,45 horas (Campo de fútbol do Couto) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e os concelleiros de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, e Deportes, Mario Guede, asisten á exhibición de unidades policiais dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas. Unha actividade na que participarán 4.000 escolares de diferentes centros educativos.

 

11,00 horas (Praza Maior) Segunda actuación da campaña Á caza da Cabicha, que desenvolve o Concello coa finalidade de concienciar a cidadanía do problema medioambiental que causa tirar cabichas ao chan. A campaña é unha iniciativa do Concello, a través das concellerías de Voluntariado, Limpeza, Medio Ambiente, Seguridade Cidadá e Ecourense, e a desenvolve Sustinea.

O traxecto será >> Saída da Praza Maior > rúa do Paseo > Parque de San Lázaro > rúa Concejo > Ponte Romana > barrio da Ponte.

 

12,00 horas (Sala de conferencias n.2 do Auditorio Municipal). Presentación técnica do Proxecto da nova Estación Intermodal de Ourense. Convocatoria aberta a medios de comunicación.

 

17,00 horas (Liceo, Só Gráficos) Xuntanza do xurado do XXXIII Premio de Poesía Cidade de Ourense, que convoca o Concello de Ourense, ao que concorren un total de 29 obras escritas en lingua galega ou portuguesa. Está dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación do libro.
O xurado está integrado por Luís González Tosar, poeta e presidente do Pen Club Galicia; Xurxo Alonso, poeta gañador da edición anterior; Edelmiro Vázquez Naval, poeta ourensán; Sara Martiñá, profesora de lingua e literatura galegas; e Mª Hercília Agarez, en representación do Grémio Literário Vila Realense.

 

20,30 horas (Claustro de San Francisco) Danza no claustro 2017, unha proposta escénica concibida especialmente para o claustro de San Francisco, con artistas internacionais e locais, e os espectáculos de Esther Latorre, Hugo Pereira, César Ibarra, Daniela Vázquez, Noemí Sánchez, Elisa Medina ou a xaponesa Emi Ogura. Entrada gratuíta ata completar aforo. 

 

22,30 horas (Praza de San Martiño) Concerto Jazz na noite, a cargo das agrupacións de jazz da Escola Municipal de Música.

As agrupacións de jazz de adultos da Escola de Música ofrecerán un concerto de distintos estilos de jazz, clásico, moderno, fusión-jazz, coas distintas formacións instrumentais que existen no centro, entre elas a Emmo's Little Band, os Combluns, Combokata e os Combok2. Entre o repertorio que se escoitará hai temas como: Cantaloupe, Blue Bossa, Birdland, Feeling Good etc. Dentro da Escola de Música os alumnos desenvolven a sua técnica instrumental para logo formar parte das distintas agrupacións do centro dentro dos seus gustos e estilos musicais. A calidade das agrupacións de jazz da EMMO xa foron valoradas e reconocidas por grandes amantes do jazz, resaltando que aínda que están formadas por músicos amateurs a sua música é de unha gran calidade.

 

22,30 horas (Ponte Vella) A Ponte Vella ilumínase de cor vermella na véspera da celebración do programa de educación para a saúde SHE que organiza o sábado o Concello de Ourense, e na que participarán 360 escolares da nosa cidade.