Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Salón de Plenos) Presentación dos obradoiros de emprendemento xuvenil que organiza a Concellería de Xuventude. Asistirán a concelleira, Sofía Godoy, Ricardo Olabegoya Estrella, responsable dos talleres e formador e coach de MOTIVART, Coaching e Formación de Persoas.

 

12,00 horas (La Molinera) Presentación e inauguración da exposición que conforman as obras de arte seleccionadas como finalistas do Concurso Ignacio de las Cuevas de Creatividade Artística, que organiza estea no o grupo Cuevas con motivo do seu 150 aniversario. Asistirá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas; José Manuel Baltar, presidente da Deputación; e César Taboada, director da Escola de Arte Superior de Deseño Antonio Faílde e presidente do xurado deste certame de arte.

 

18,00 horas (Salón de Plenos) 1ª Sesión do Consello municipal de Infancia e Adolescencia ou grupo de participación infantil e adolescente do Concello de Ourense. Asistirán o alcalde, as concelleiras de Educación e Xuventude, a concelleira de deportes e ensino do Concello de Castrelo de Miño, Maribel Rodríguez, técnicas voluntarias e integrantes do órgano de representación infantil e adolescente deste municipio que ten o Selo de recoñecemento de Cidade Amiga de Infancia e con experiencia dende vai anos en participación infantil, representantes do alumnado dos centros educativos, profesorado, nais e pais de rapaces e rapazas que desexen asistir, e representantes do Comité Galego de Unicef.

 

19,00 horas (Alcaldía, só gráficos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado dos concelleiros de Transporte, José Araújo; Tráfico, Carlos Campos; e Educación, Belén Iglesias, reúnense coas APAs dos colexios públicos de Ourense para explicarlles o plan de mobilidade.

 

20,00 horas (Praza Maior) Ofrenda da Copa da Raíña 2017 do Envialia FSF á cidade de Ourense.

 

20,30 horas (Auditorio) Clausura e entrega de diplomas do programa educativo Universidade Popular do Concello, que este ano acadou o seu récord de participación, cun total de 3.006 persoas matriculadas nas diferentes actividades que se ofertaban.