Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horasSala de Xuntas de Alcaldía. Só Gráficos. Xunta de goberno local.

 

10:00 horas. Salón de Plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local.

 

11:00 horas. Auditorio Municipal. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Belén Iglesias, acoden á clausura da XXVIII Exposición de Animación á Lectura.

O título da Campaña deste curso foi Máis alá das nubes. 35 alumnos de 6º curso de Educación Infantil do CEIP Irmáns Villar participarán no acto de peche, aderezado por imaxes e decorados especiais para poder cumprir o noso grande obxectivo un ano máis: Estimular a lectura e a creación de mundos ficcionais entre os pequenos, así como fomentar a creatividade e a imaxinación a nivel individual e colectivo, foron parte dos obxectivos desta campaña.

Desde o 4 de maio ata o 13 de xuño, de luns a venres en tres sesións matinais, os martes e xoves de 18h a 20h, e os sábados de 11h a 13h, catro actrices foron as encargadas de guiar os máis de 4.000 nenas e nenos dos colexios de Ourense polos diversos xogos e contos do espazo interestelar. Tamén houbo un obradoiro para profesorado o 1/6/2017, impartido por Sabela Gago. A escenografía foi deseñada por Equipo Laura Miguez, e a dinamización educativa lévase a cabo por Sarabela Teatro.

 

11:00 horas. La Molinera. Xornada Novas tendencias en marketing e innovacións tecnolóxicas na viticultura, incluída na I Semana Vitivinícola de Galicia que organiza a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega). Entrada libre.

 

11:30 horas. Salón de Plenos. Presentación do Torneo Motocross-Quadcross Festas de Ourense, puntuable para o Campionato Galego. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro Mario Guede

 

12:15 horas. Piscinas de Oira. O alcalde, Jesús Vázquez e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, visitan as piscinas de Oira. (Punto de encontro: ao carón da piscina pequena)

 

20:00 horas. Sala Valente. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, asisten á inauguración da exposisción Estridencias, de Luís Vecino e Ángel Soldevilla.