Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Salón de Plenos) Presentación de campaña de concienciación “Á caza da cabicha”, que pon en marcha o Concello, desde as Concellerías de Medio Ambiente, Limpeza, Voluntariado e Seguridade Cidadá, coa colaboración de Ecourense, e que será realizada por Sustinea, co obxectivo de sensibilizar e concienciar a xente que fuma do problema medioambiental que ocasiona tirar as cabichas do tabaco ao chan. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Voluntariado, Sofía Godoy; os concelleiros de Limpeza e Medio Ambiente, José Araújo, e Seguridade Cidadá, Carlos Campos; Javier Janeiro, de Ecourense, e Paulo Vázquez, de Sustinea.

 

11,00 horas (Pavillón dos Remedios) Presentación do II Torneo Ourense a provincia termal de fútbol cadete, que organiza o Pabellón Ourense Club de Fútbol. Será o día 11 de xuño no campo Miguel Ángel González-Os Remedios (Herba Sintética), contando coa participación de Real Oviedo, Real Club Celta de Vigo, selección de Ourense e Pabellón Ourense Club de Fútbol.

 

11,30 horas (Salón de Plenos) Presentación da programación do Día de Portugal en Galicia, que se celebrará este venres en sábado, 9 e 10 de xuño, na cidade de Ourense. Asisten o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o vicecónsul de Portugal en Galicia, Manuel Correia Da-Silva

 

12,30 horas (rúa do Paseo) O alcalde, Jesús Vázquez, visita a carpa de Alcer na rúa do Paseo.

 

14,00 horas (Salón de Plenos). O alcalde, Jesús Vázquez, recibe a 21 peregrinos franceses do IES «Jean Rostand» con tres profesores que están facendo o Camiño de Santiago pola Vía da Prata.

 

20,00 horas (Sala Valente) O Concello de Ourense organiza unha Xornada informativa sobre o Proceso de Participación Cidadá "Móvete por Ourense", para implicar á cidadanía na mellora da mobilidade, a pacificación do tráfico, a mellora da calidade ambiental e a integración da bici na cidade.