Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:30 horasCentro Cultural Marcos Valcárcel. Rolda de prensa sobre o acto do Día Nacional do Doante - Alcer Ourense (Asociación para a Loita Contra as Enfermedades Renais). Asistirán a concelleira de Saúde, Sofía Godoy, e a presidenta de Alcer Ourense, Mª Teresa Pereira González.

 

 

11:00 horas. Salón de Plenos. Entrega de Premios do 4º Concurso de prevención do consumo de alcohol: Apúntate unha idea. Desmonta o alcohol, organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense no marco do programa de prevención do consumo de alcohol, e outras drogas na adolescencia.

O tema da cuarta edición trata sobre O poder de ser ti mesmo sen alcohol: formas de non deixarse levar, para desmontar a vinculación e presión de grupo, que condiciona a experimentación cuxo trasfondo non é outro que a necesidade de autoafirmación no grupo asociada a redefinicións da identidade nel. Participaron un total de 519 mozos e mozas estudantes de ESO de 13 centros educativos da cidade, que presentaron un total de 1.114 traballos, nas diferentes categorías: lemas, imaxes, microrrelatos e clipmetraxes.

 

11:30 horas. Escaleiras da praza de San Martiño. Só gráficos. Pasea pola túa cidade.

O boneco Martiño cóntalle aos estudantes de Educación Infantil (3, 4 anos) historias sobre a cidade. A concelleira de Educación, Belén Iglesias, acudirá a saudar os preto de 40 cativos do colexio Carmelitas. A actividade, porén, desenvolverase até o vindeiro 23 de xuño (fin de curso), e por ela pasarán un milleiro de rapaces e rapazas.

 

Semana do Medio ambiente

 

18:00 horas. Parque do Ingabad, O Couto. Aprender a xogar cos nosos fillos na Natureza. Obradoiro para familias. Recomendable inscrición.

Nesta xornada aprenderémoslles aos pais e nais diferentes xogos, dinámicas, técnicas e obradoiros para facer cos seus fillos e filla na natureza. Mostrarase como o xogo permite os cativos e cativas expresar a súa creatividade e desenvolver a súa imaxinación.