Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,00 horas (Salón de Plenos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á rolda de prensa de presentación concerto benéfico Furgoneta solidaria, en colaboración coa Fundación Cum Laude.

 

20,00 horas (Praza Maior) Como primer luns hábil de mes o vindeiro día 5 de xuño, haberá unha concentración como repulsa á violencia de xénero convocada polo CIMM.

 

Semana do Medio Ambiente

 

18,00 horas (Parque Angelita Paradela) Contos da natureza e xogos populares. Actividade infantil.

Esta actividade intentará que os nenos e nenas mediante contos e xogos populares aprendan cousas novas sobre os animais en perigo de extinción e a xestión dos residuos. Ten dúas partes diferenciadas, os contos da natureza nas que un monitor contaralles uns contos para conciencialos de todo os que os rodea e gozar con eles para ensinarlles e educalos en valores humanos.
A segunda parte, nos xogos populares, os asistentes a través dos xogos do 3 en raia aprenderán información dos animais en perigo de extinción e co xogo do pano, información dos colectores e residuos máis comúns.

 

18,00 horas (Parque Barbaña). Eco-xincana "o clube dos coidadores do Planeta". Actividade infantil.

Esta actividade está composta dunha eco-xincana infantil, que representará a creación dun club moi importante e selecto que ten por misión protexer o noso planeta. Para poder formar parte del os participantes deberán superar diversas probas que representarán hábitos saudables para a conservación e a protección do Medio Ambiente. Haberá unha introdución teatralizada para motivas aos participantes e as probas serán moi dinámicas e adaptadas a tódolos públicos e ideal para participar en familia.