Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (Explanada das Burgas) Saída da Andaina sen fume, que organiza o Concello con motivo da celebración, o 31 de maio do Día Mundial sen tabaco, que organiza da Organización Mundial da Saúde, para concienciar acerca das consecuencias do consumo de tabaco, que é a principal causa de defunción no mundo, que actualmente mata a 1 de cada 10 persoas adultas.

 

11,00 horas (rúa da Barreira) Homenaxe a Alexandre Bóveda. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e Corporación Municipal.

 

12,00 horas (Auditorio) Pum, pum!, de Baobab Teatro. Organizado pola Consellería de Política Social e o Concello de Ourense no marco da Campaña "37milSorriSOS".

Sinopse: "Pum, pum!" é un espectáculo tenro para nenos a partir de 5 anos que fala de historias cotiás que lles pasan nestas idades pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: desde moi pequenos teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren. Entradas de balde. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez

 

12,00 horas (Parque Barbaña) Xirakarting 12 a 14 horas e de 16:30 a 21:30 horas.

 

19,00 horas (Sala Valente) Exposición pública das fotografías dos participantes no III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense.

 

19,30 horas (Auditorio) Arsénico por Compasión, de Teatro Muxicas, Premio Max de Teatro afeccionado 2013. (Entrada gratuíta ata completar aforo).

Sinopse: Lucía, unha actriz galega, está a piques de casar co seu mozo Alberte. Cando vai anunciar o casamento ás súas tías Adelaida e Úrsula, descobre que agochan un terrible segredo: o emprego do arsénico como medio para “axudar” a pasar a mellor vida a todos aqueles velliños que consideran que están a sufrir de máis nesta vida. Con esta premisa, Teatro Muxicas presenta un divertido e sorprendente vodevil cheo de acción, de confusión e humor negro e que achega o xa clásico texto de Kesselring á realidade galega. Dramaturxia, dirección, Iluminación: Tito Asorey. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.

 

20,00 horas (sala Valente) Entrega de premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense.

 

Semana do Medio Ambiente

 

10,00 horas (Montealegre) Xoga pola diversidade. Actividade infantil (7 -11 anos). Para poñer en valor a biodiversidade e proporcionar información de forma amena, proponse unha serie de xogos nos que participarán os nenos e nenas de xeito individual ou en grupo. Necesaria inscrición.