Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

12,00 horas (sala Valente) Inicio do III Maratón de Fotografía Cidade de Ourense. Poden participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición, de forma gratuíta, no punto de control emprazado na sala Valente entre as 11:00 e as 12:00 horas. No momento actual, os preinscritos superan o cento de participantes.

Ás 12:00 horas darase a saída co primeiro dos temas propostos pola organización, e así ata en catro ocasións [Sábado ás12h, 16h e 20h]. As imaxes serán entregadas no punto de control antes das 11:00 horas do domingo 4. As fotografías exporanse o domingo 4 de xuño de 19:00 a 20:00 horas, momento no que se procederá á entrega de premios aos gañadores.

 

12,00 horas (Parque do Barbaña) Xirakarting 12 a 14 horas e 16:30 a 21:30 horas.

 

12,00 horas (Feira do Libro). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á firma de Exemplares "Confieso que he leido" 101 comentarios sobre literatura Gallega, Española y Universal, de Paco López-Barxas

 

13,00 horas (Benposta). II Ourenrock 

 

22,30 horas (Escalinata da igrexa de Santa María Nai) Cine na rúa, dentro do programa Ociourense. Proxección da película de animación Anomalisa, de Charlie Kaufman e Duke Johnson. Estados Unidos 2015, 90', Animación Stop Motion.

Sinopse: A película ten por protagonista a un motivador profesional que, canto máis axuda á xente, máis monótona e anodina é a súa vida; todo o mundo parécelle e sóalle igual. Ata que a voz dunha moza lle soa diferente e está disposto a abandoar todo e a todos por acadar a felicidade con ela.

 

Semana do Medio Ambiente

 

10,00 horas Foto en ruta, dentro do programa Ociourense Xove.

 

10,00 horas Inicio Running. Ociourense Xove.

 

10,30 horas (Parque Barbaña) Xincana de orientación en familia "Familias exploradoras". (Recomendable inscrición). As carreiras de orientación son actividades moi divertidas e completas, fomentan o compañeirismo, o traballo en equipo e dado que se realiza no medio natural o respecto pola natureza. Os participantes terán que superar probas e recompilar restos de animais, follas, pegadas… De xeito sinxelo ensinaremos as familias a identificar as especies vexetais e animais que podemos atopar.

 

17,00 horas (Montealegre) Entendendo o cambio climático e a pegada de carbono. Actividade para todos os públicos. (Necesaria inscrición). Esta actividade contará con dúas partes, en primeiro lugar un xogo denominado “Efecto dominó” para explicar o cambio climático as súas causas e consecuencias e na segunda parte explicarase que é a pegada de carbono e procederase a calcular a pegada de cada un dos asistentes mediante un test.