Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (Pazo Paco Paz). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á saída da Andaina Solidaria da Asociación de Fibromialgia, Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense (AFFOU)

 

10,00 horas (Montealegre) Hortos Infantís, cultiva ti mesmo, dentro da Semana do Medio Ambiente 2017. Esta actividade infantil permitirá descubrir a agricultura ecolóxica e as súas aplicacións, aportar coñecementos sobre o ciclo de vida, a procedencia dos alimentos a meteroloxía e os coidados das plantas. Realizarase en catro sesións onde se realizarán as tarefas propias dun horto (cultivo, rega, recolección, control de pragas…) o 28 de maio, 25 de xuño, 23 de xullo e 20 de agosto. (É necesaria a inscrición)

 

11,30 a 18,30 horas (Horta da Carballeira-Sustinea) Obradoiro paera as as familias: “Verdando na Horta”. Esta actividade consiste no desenvolvemento dunha serie de actividades ambientais na horta. Están dirixidas a familias para que pasen unha xornada nun ambiente agradable e desfruten dun espazo de hortas ecolóxicas. Se realizarán dous obradoiros, un de construcción de atraintes de aves para hortas e xardíns para identificar os paxaros que conviven connosco e otro “A túa horta na terraza” para iniciarnos no cultivo ecolóxico nos nosos fogares, sen necesidade de ter horta ou terreo

 

12,30 horas (Colexio Marista) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste aos actos de celebración do bicentenario da fundación dos Maristas.

 

19,30 horas (Auditorio) Humor. Luís Piedrahita “Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas

Luis Piedrahita (A Coruña, 1977) é humorista, ilusionista, escritor e director de cine. Moi coñecido polas súas aparicións en televisión e radio e especialmente aprezado polos monólogos de humor. Luis Piedrahita é colaborador e guionista do programa de entretemento con máis audiencia en España, El hormiguero 3.0 e foi colaborador e guionista no programa pioneiro do ‘stand-up comedy’ no noso país: El club de la comedia. Actualmente trunfa por España e Latinoamérica cos seus espectáculos teatrais. As súas últimas creacións son: Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas ou El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable.

Entradas: Anticipada: Anfiteatro (17,60 euros) / P. butacas (20,60 euros) | Billetería: Anfiteatro (18euros) / P. butacas (21 euros)

 

II Food Trucks Fest Ourense

De 12 a 24 horas (Xardín do Posío) Continúa o II Food Trucks Fest Ourense, co seguinte programa:  

 

12:00 Apertura da Feira

 

12:00-14:00 Inchábeis infantís (Acceso gratuíto con Tíckets por consumo na feira. En caso de choiva esta actividade non se realizará)

 

13:00-14:30 Sesión Vermú: Blue Monk

 

18:30-20:30 Inchábeis infantís (Acceso gratuíto con Tíckets por consumo na feira. En caso de choiva esta actividade non se realizará)

 

21:00-23:30 Sesión Musica Noite: Blue Monk

 

24:00 Peche da feira