Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Desde 09,00 horas. Maratón de Pintura Rápida Cidade de Ourense.A esa hora a organización-agrupación de artistas de Ourense, LADDO- comezará a selar os soportes. Deberán entregar os traballos entre as 16:00 e 17:00 horas no espazo expositivo da rúa do Paseo, onde serán expostos até as 21:30 horas.

 

De 12 a 24 horas (Xardín do Posío) Continúa o II Food Trucks Fest Ourense, co seguinte programa:

12:00 Apertura da Feira

12:00-14:00 Inchábeis infantís (Acceso gratuíto con Tíckets por consumo na feira. En caso de choiva esta actividade non se realizará )

13:00-14:30 Sesión Vermú: Pop-Eye Covers Band

18:30-20:30 Inchábeis infantís (Acceso gratuíto con Tíckets por consumo na feira. En caso de choiva esta actividade non se realizará )

21:00-23:30 Sesión Musica Noite: Pop-Eye Covers Band

24:00 Peche da feira

 

14,00 horas (CIS Aixiña) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á clausura da XXVII Asemblea xeral ordinaria da Confederación Galega
de Persoas con Discapacidade - COGAMI.

 

17,00 horas (Parque de Montealegre) Comezan as actividades organizadas polo Concello dentro da Semana do Medio Ambiente 2017 "Conectando as
persoas coa natureza". Será coa actividade "Ameazas da biodiversidade en Galicia". Para todos os públicos (previa inscrición).

 

22,00/22:30 horas (Rúa Dalí, barrio do Couto) Saída da Carreira nocturna do Circuito de Carreiras Populares Correndo por Ourense 2017 (con 1.244 inscritos nas diferentes categorías).

Ás 22:00 horas sairán os pitufos (100 m.), ás 22:05 os benxamíns (1.200), ás 22:15 infantíl (2.400), ás 22:30 xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns (6.100). Percorrido (categorías xuvenil a veteráns) Saída: Rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, rotonda cara Antonio Puga, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Dalí.

 

*A proxección de Cine na rúa prevista para as 22,30 horas no bulevar termal das Burgas a ("Nostra Vita", de Daniele Luchetti) ten que ser cancelada por mor da chuvia....