Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e os concelleiros Carlos Campos e José Araújo, reciben á asociación de veciños As Termas.

 

10,30 horas (Pavillón dos Remedios) Presentación da VI BTT Cidade de Ourense, que se desenvolverá o día 4 de xuño, organizada polo Clube Ciclista Dúas Rodas, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, Deputación de Ourense, Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Ciclismo.

 

11,15 horas (Xardín do Posío) O alcalde e a concelleira de Comercio, Flora Moure, participan na presentación do II Food Truck Fest Ourense.

 

12,00 horas (Auditorio) Representación para escolares de “Pinocchio”, en inglés. A Concellería de Educación por segundo ano consecutivo oferta aos máis cativos a posibilidade de asistir a unha obra de teatro integramente en inglés complementada cun posterior coloquio e unidade didáctica con actividades e cancións. "Pinocchio" da compañía "Theatre4schools” é a obra á que asistirán (en 2 sesións) 1040 alumnos e alumnas de educación infantil e 1º e 2º curso de Primaria de 20 centros de ensino. O obxectivo é utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica para estimular ao alumnado na aprendizaxe da lingua inglesa a través dun conto clásico. Asistirá a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

 

19,30 horas (Xardín do Posío) A concelleira de Comercio asiste á inaugración do II Food Truck Fest Ourense.

 

20,00 horas (Teatro Principal) Gala do Concurso de vídeos na Rede Youtubeir@s. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través de dúas categorías, vídeo-opinarmos e vídeo-facermos. Participan persoas maiores de 14 anos con vídeos de ata cinco minutos de duración. O certame repartirá 4.000€ en premios. Youtubeir@s é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Asiste a concelleira, Belén Iglesias.Toda a información sobre o Concurso en www.youtubeiras.gal 

 

20,30 horas (Auditorio) Mental: un espectáculo de mentalismo e hipnose, a cargo de José Rivera e Susana Guisasola. Entradas: Anticipada: 10€ / Billeteira.: 12€


Sinopse:Unha introdución ao fascinante mundo dos misterios da mente e o descoñecido. Utilizan técnicas de lectura en frío, programación neurolingüística, interpretación da linguaxe corporal e suxestión crea a ilusión de lectura de pensamentos, premonición, psiconeuroses, clarividencia e control mental. Déixate atrapar por un espectáculo que te fará dubidar de todo no que crías: Pódese ler a mente, podemos influír nos actos doutras persoas simplemente coa nosa voz, pódese predicir o futuro?

 

22,00 horas (As Burgas) Con motivo da campaña "#Quereoteumercado que desenvolve a Praza de Abastos número 1 de Ourense, As Burgas iluminaranse en cor malva/azul, ás 22,00 horas.