Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) Xunta de Goberno Local

 

10,00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar sobre os asuntos tratados na Xunta de Goberno Local

 

11,00 horas (La Molinera) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, participan na presentación de Plataforma dixital Activación Code, xunto con representantes de Activation Code, e o xerente de Igape Nova, Guillermo Viña. De 11,30 a 13,30 horas haberá demostracións das principais aplicacións da Industria 4.0. para as empresas: Impresión 3D, Creatividade Disruptiva, Robótica, Gamificación, Desing Thinking, etc.

 

12,00 horas (La Molinera) O alcalde participa no Happy Day, acto de concienciación que organizan Down Ourense e a Fundación Vodafone sobre a inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

O obxectivo do evento é mostrar a empresarios e á sociedade os beneficios da inserción laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual a través dos programas de formación e emprego da asociación Down Ourense, co apoio da Fundación Vodafone España. O acto contará coa participación de usuarios, que contarán as súas experiencias en primeira persoa, de empresarios que comproban diariamente as vantaxes sociais e productivas destas persoas con discapacidade, así como responsables da entidade Down Ourense e da Fundación Vodafone.

 

13,20 horas (Salón de actos do IES Blanco Amor) Entrega dos premios do XIV CERTAME LITERARIO ROSA GÓMEZ, que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Asistirá a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

 

18:30 horas (La Molinera) Obradoiro de búsqueda activa de emprego a traves do móbil dentro do programa de actividades “Xoves Inspiradores”

 

20:00 horas (Salesianos). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ao Pincho Solidario en favor de Manos Unidas.

 

20:30 horas (Liceo) O alcalde, Jesús Vázquez, asiste a Presentación Oficial do 50 Rallye de Ourense e homenaxe aos 49 gañadores anteriores.