Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (Sala de xuntas da Alcaldía, SÓ GRÁFICOS, DECLARACIÓNS AO REMATE) Sinatura do protocolo regulador de medidas contra a pobreza enerxética e a vulnerabilidade económica entre o Concello de Ourense e Viaqua. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, e o director de Viaqua en Galicia, Julio Masid.

 

11,00 horas (Praza de Abastos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e as concelleiras de Comercio e Educación, Flora Moure e Belén Iglesias, respectivamente, asisten á presentación da campaña “Quere o teu mercado”

 

18,00 horas (Salón de Plenos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibe ao Club Voleibol Ourense feminino.

 

20,00 horas (Centro Cívico Colón) Presentación do libro de María José Rodríguez, "Por amor a ti, meu fillo”, novela curta que narra unha historia emocionante sobre violencia de xénero que non deixará a ninguén indiferente. Con máis de 600 libros vendidos, lectores de Portugal e Galicia certifican coas súas mensaxes o éxito desta humilde novela curta que foi crecendo co respaldo das mulleres e homes que foron tocados polos seus personaxes, María e Martín protagonistas principais desta obra, que se sitúa xa na 2° edición, terminando o ano pasado na cuarta posición de libros en galego máis vendidos.

 

21.30 horas (Auditorio) Concerto de Escuchando Elefantes, que presentarán o seu novo disco “Hope”. Esccuchando Elefantes son Silvia e Carlos, dúas voces que chegaron a soar como unha. A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan, Hozier, Kodaline e Sinéad O’Connor, entre outros.

Entradas: Anticipada: 10€ / Billeteira: 13€

 

22,00 horas (Ponte Vella) A Ponte Vella iluminarase de cor morada en conmemoración do Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais (EII)