Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. SÓ GRÁFICOS). Xunta de Goberno Local

 

09:30 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno Local.

 

10:15 horas (Salón de Plenos). Rolda de presentación do Catálogo do proxecto expositivo "Prego, 100 anos", con motivo do centenario do nacemento do artista ourensán Manuel Prego de Oliver. Asisten o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz; e un representante de Iberdrola.

 

10:50 horas (Estación Empalme). O alcalde, Jesús Vázquez, acompaña ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial Mª Sol Díaz Mouteira, quenes presentarán a actividade "O tren que nos leva", no marco da programación institucional das Letras Galegas 2017 promovida pola Xunta en colaboración con Renfe Viaxeiros, Adif, Fundación Carlos Casares, Editorial Galaxia e Deleite.

 

12:00 horas (Comandancia da Guardia Civil). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ao Acto de Conmemoración do 173 Aniversario da Fundación do Corpo da Guardia Civil.

 

17:30 horas (San Caetano. Compostela. SÓ GRÀFICOS) O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. No despacho do conselleiro. 

 

20:00 horas (Centro Cívico de Mariñamansa). Charla de Móvete por Ourense.

O Concello de Ourense inicia un Proceso de Participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar aos cidadáns na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense. Será un proceso continuo de: información-formación, análise e participación por medio de consultas e debates sobre os contidos, aberto nas diferentes fases de elaboración dos traballos; e cunhas  conclusións e opinións finais sobre os devanditos contidos.

A primeira fase iniciarase cun ciclo de tres conferencias de información, abertas a todo o público, e impartidas polo equipo redactor Urba+ consultora de urbanismo e arquitectura, co mesmo contido e unha duración de 90 minutos cada unha. O seu obxectivo é que a cidadanía de Ourense teña a maior información posible sobre o proceso a realizar. Así mesmo, explicaráselles as posibilidades de participación cidadá dentro do proceso.

Logo da charla no Centro Cívico da Ponte da pasada semana, mañá xoves 18 de maio trasladarase ao centro cívico de Mariñamansa (ás 20:00 horas) e, para o vindeiro xoves 24, ao de Colón.

A idea do Concello de Ourense é a de convocar o maior número de xente para coñecer e implicarse neste proceso.

 

20:30 horas (Espazo Lusquiños). Presentación do CD Lusquiños e taller de gravación. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.