Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (Termas de Outariz) A Concellería de Educación organiza a V xornada de dinamizadores do Programa de Saúde Integral SÍ! da Fundación SHE, dirixido ao profesorado dos centros participantes. Trátase da iniciativa do prestixioso cardiólogo Valentín Fuster, para promover a saúde mediante a comunicación e a educación á poboación infantil e a formación constante do seu profesorado, contando coa ponencia “Respirando o tempo” do especialista D. Manel Güell.

 

14:00 horas (Campo da Feira). O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro Carlos Campos asisten á VIII Convivencia Veciñal Agrupación A.A.VV. Miño.

 

19:30 horas (Auditorio) Concerto da Unidade de Música da Guardia Real (Entrada gratuíta ata completar aforo). Asiste o alcalde e membros da Corporación.

Herdeira da antiga Banda de Alabarderos, ten a súa orixe en 1707. Está estruturada na Banda Sinfónica, Banda de Guerra e Sección de Pífanos. Entre as súas obrigacións destaca a rendición de honores a SS.MM. os Reis e aos Monarcas e Xefes de Estado estranxeiros nas súas Visitas de Estado a España. É a Unidade de Música máis representativa das forzas armadas, o seu repertorio principal está composto pola música marcial máis característica do Exército así como un extenso catálogo de obras dos máis diferentes xéneros da literatura musical occidental. A Unidade de Música conta cun centenar de profesionais, dirixidos polo Ilmo. Sr. Coronel Músico D. Enrique Damián Blasco Cebolla.

 

22:00 horas (Praza Maior, escalinata de Santa María Nai) Proxección ai aire libre da película “A lección”, Kristina Grozeva e Petar Valchanov (Hungria, 2014), que dá inicio a “Cine na rúa”, dentro do programa de actividades saudables para a mocidade Ociourensexove 2017.

Sinopse. Nun pequeno pobo de Bulgaria, Nadezhda, unha nova profesora, trata de descubrir ao alumno que rouba na súa clase, de maneira que poida ensinarlle unha lección achega do que está ben e o que está mal. Pero cando se endebeda cuns prestamistas sen escrúpulos empeza a cuestionarse ela mesma cal é o camiño correcto