Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Campus Universitario). Copa Xunta de Rugbi a sete. As finais disputaranse a partir das 20,30 horas coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.


11,00 a 21,00 horas (rúa do Paseo) Postos de venda das librerías ourensás.


11,30 horas (Centro Cultural A. Valente) Punto de encontro do Roteiro Carlos Casares. Asistirá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.


12,00 horas (Centro Cultural A. Valente). Actividade infantil: Carlos Casares con maxia e música


13,00 horas (rúa do Paseo, á altura C.C. A. Valente) “Cantata e fuga para Carlos Casares”. Actuación musical de Emilio Rúa coas palabras de Carlos Caneiro.


Todas estas actividades súmanse á exposición que agora mesmo se pode visitar na Sala Valente até o 21 de maio Os mundos de Carlos Casares, a exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, con máis de 500 pezas intrinsecamente ligadas á súa vida.