Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9,30 horas (Praza de Abastos) A Concellería de Educación inica un ciclo de visitas didácticas para escolares á Praza de Abastos. Vintecinco alumnos do CEIP A Ponte serán os primeiros en participar nesta actividade, na que realizarán un percorrido guiado pola praza, postos de peixerías, de carne, lavadoiros e postos do rianxo. Tamén farán a plantación dunha planta de tempada (pementos, tomates....). Esta visita forma parte do programa municipal Coñece a túa cidade. Asistirá a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

 

12,00 horas (Salón de Plenos) Acto institucional en homenaxe a Carlos Casares

 

13,00 horas (Xardíns Bispo Cesáreo) Descuberta da placa - escultura de Carlos Casares realizada polo artista ourensán Xosé Cid.

 

20,30 horas (Auditorio Municipal). Concerto Letras Galegas a cargo da Real Filharmonía de Galicia, organizado polo Consello da Cultura Galega. A cidade de Ourense acolle por primeira vez o Concerto das Letras Galegas, unha iniciativa que desde hai sete anos pon música á festa do 17 de maio cun repertorio musical integrado por obras galegas.