Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas (Salón de Plenos). Entrega premios 6ª edición do concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar.

 

11:30 horas (Praza de San Martiño). Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Concellería de Educación celebra un orixinal espectáculo dirixido a alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria. O acto terá lugar o 15 de maio ás 11.30h na Praza de San Martiño e asistirán 110 nenos e nenas de tres centros de ensino da cidade: CEIP Vistahermosa, CEIP Virxe e Covadonga e CPR A Purísima. A concelleira Belén Iglesias asistirá a o inicio da actividade e o alcalde, Jesús Vázquez, saudará aos participantes ao remate da entrega de premios do Concurso de Pinchos .

COCOROCÓ é un espectáculo de narración oral e teatro actoral sobre algúns contos e personaxes de Carlos Casares interpretado pola actriz e contacontos Raquel Queizás, e no que se empregan obxectos, monicreques, e debuxos, cunha grande compoñente de interacción co público.



12:30 horas (Salón de Plenos). O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira Sofía Godoy asisten á rolda de prensa de presentación do I CD recopilatorio do Espazo Lusquiños e do Taller Formativo de Gravación.