Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horasSalón de Plenos. Presentación Copa Xunta de Rugbi. Asiste o concelleiro de Deportes, Mario Guede, xunto aos representantes da Deputación Provincial, Campus de Ourense, Federación Galega de Rugbi e Club Campus Universitario, organizador do evento.


12:00 horas. Rúa do Paseo (fronte á Sala Valente). Con motivo do Día Mundial da Fibromialxia, a alcaldesa en funcións, Sofía Godoy, visita a carpa da Asociación Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense -estará de 10:00 a 20:00 horas- xunto a outros membros da corporación municipal.


13:00 horas. Escola de Artes Escénicas e Musicais. A Concellería de Educación clausura e entrega de premios da Mostra de Teatro Escolar de Ensino Secundario MOTECES 17.


As actividades comezarán ás 11:30 horas coa última representación desta Mostra: 8 Mujeres, do grupo Carrabouxos Teatro, dirixido por Marga Varela. Logo da función (75 min.) terá lugar o acto de entrega de agasallos a todos os grupos de teatro participantes na mostra, obras enmarcadas da pintora e ilustradora ourensana Isabell Seidel. Tamén se fará entrega dun agasallo á autora do traballo gañador do V Concurso Deseño de Carteis MOTECES 17, que nesta edición foi para Nerea Rodríguez Fernández, do 3º curso da ESO do CPR A Purísima. Participaron, do 2 ao 12 de maio, 1.200 alumnos e alumnas de educación secundaria.


20:30 horas. Auditorio. Os mortos daquel verán, de Talía Teatro e do Centro Dramático Galego sobre o texto de Carlos Casares. Entrada gratuíta até completar aforo.

Sinopse: A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso. A rivalidade entre as forzas progresistas, representadas polo mesmo boticario e un sindicalista ao que se busca en relación co suceso; e as reaccionarias, encabezadas polo propietario da fábrica local e o cura da parroquia, vaise debuxando a través das páxinas do informe do investigador do caso.
Dirixida por Artur Trillo e interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Xurxo Barcala.


21:30 horas. As Burgas. Iluminación morada con motivo do Día da Fibromialxia.