Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) Xunta de Goberno Local

 

10,00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar acerca dos acordos aprobados pola Xunta de Goberno Local

 

18,30 (La Molinera) Continúa a actividade Xoves inspiradores, neste caso centrada na creatividade como ferramenta cara a empregabilidade dos mozos e as mozas, incidindo en competencias como a marca persoal, elevator pich e recursos de busca activa de emprego a través das novas tecnoloxías.

 

20,00 horas (Centro Cívico A Ponte) O Concello inicia un ciclo de charlas nos centros cívicos para dar a coñecer o proxecto Móvete por Ourense e implicar á cidadanía no proceso de mellora da mobilidade e calidade ambiental. Será un proceso de participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar á poboación na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense.

As charlas serán impartidas polo equipo redactor Urba+, consultora de urbanismo e arquitectura. Continuarán o 18 de maio ás 20:00 h, no centro cívico de A Cuña e o 24 de maio ás 20:00 h, no centro cívico de Colón

 

20,30 horas (Auditorio) Memorias dun ser humano disperso (versión 6.0), de Produciós Dispersas, interpretada por Diego Freire. (50m | Aforo reducido. Entrada anticipada: 3€ / Billeteira: 4€)

Sinopse: Espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe perdida, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi afastado no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?