Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:30 horasPraza de Abastos nº1. Curso manipulación alimentos para persoas con discapacidade. A vintena de participantes visitarán hoxe a Praza de Abastos nº.1 para coñecer os produtos de tempada e os valores nutricionais dos alimentos.

 

10:45 horas. Avenida da Habana / esquina Concejo. Campaña Calmar Tráfico – Móvete Seguro, desenvolvida por Stop Accidentes coa colaboración da Policía Local e o Concello de Ourense a prol da redución da velocidade do tráfico nas cidades. Asisten a alcaldesa en funcións, Sofía Godoy, e os concelleiros Carlos Campos e Belén Iglesias, de Seguridade Cidadá e de Educación respectivamente.

 

11:00 horas. Auditorio. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, asiste á inauguración da XXVIII Exposición de literatura infantil “Máis alá das nubes”, Campaña de Animación á Lectura. Asisten 50 alumnos de Educación Infantil do CEIP Curros Enríquez.

A campaña de animación á lectura desenvolverase do 4 de maio ao 12 de xuño. Haberá visitas de centros escolares (en horario de 9:00 a 14:00 horas) e permanecerá aberta, para o público xeral, nas tardes dos martes e dos xoves de 18:00 a 20:00 horas. Os sábados pola mañá haberá contacontos de 11:00 a 13:00 horas.

 

12:00 horas. Expourense. Sofía Godoy, alcaldesa en funcións, asiste ao acto de inauguración do 12º Salón da Prevención e Seguridade Laboral Previsel.

Asistirán tamén Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego; Juan Carlos Parada Rúa, presidente da Cámara de Comercio de Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; e José Manuel Díaz, vicepresidente da Confederación Empresarial de Ourense, CEO.

 

19:00 horas. La Molinera. Primeiro Meet Up amigos do mundo "Wordpress": punto de encontro, debate e reflexión ao redor deste xestor de contidos web.

 

20:30 horas. Auditorio. Memorias dun ser humano disperso (versión 6.0), de Producións Dispersas. + 18 anos. 50Min. Anticipada: 3€ / Billeteira: 4€. Aforo reducido. Elenco: Diego Freire. Sinopse: Espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe perdida, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi afastado no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?

 

22:00 horas. A ponte romana iluminarase de cor morada polo Día Mundial do Lupus.