Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (Praza Maior) O Concello organiza "MIRA OURENSE CON OUTROS OLLOS", do programa Ocio en Familia, que promove actividades saudables e divertidas para que nais, pais, fillos e fillas, compartan o seu tempo de lecer durante as fins de semana. Sairá da Praza Maior e consistirá nun paseo pola zona antiga da cidade con visita guiada á catedral, os panteóns de galegos ilustres no cemiterio, o claustro de San Francisco e o museo arqueolóxico, coñecendo os recunchos para rematar con visita ao Parque ferroviario Os Carrileiros onde poderán gozar de viaxes nos mini trens. (A actividade require inscrición previa, na Concellería de Sanidade).

 

ROMARÍA DOS MAIOS NA RÚA DO PASEO
Desde as 11:00 horas (Rúa do Paseo), Romaría dos Maios, co seguinte programa:

11.00 horas Colocación dos Maios

11.30 horas. Animación de rúa cos Gaiteiros da Escola de música tradicional “De pé feito” e cabezudos

11.30-14.00 horas. Xogos populares e obradoiros de enredos naturais

12.00 horas. Paseo do xurado polos maios e canto de coplas

16.30 horas. Animación de rúa cos gaiteiros “Os Daniñas”

18.30 horas. Entrega de premios e canto de coplas gañadoras

19.00 horas. Actuación musical Orquestra Os Modernos

Todo o día: Maio ao vivo (unha persoa elaborará un maio)

 

12,00 horas (Auditorio) Continúa a programación infantil do Auditorio, coa representación da obra SMART, como un teléfono intelixente pode converterte nun idiota (+ 6 anos | 35 minutos | Anticipada: 3€ / Billeteira: 4€)

Sinopse: Comedia arredor do mundo das aplicacións móbiles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción. Desorientadas e sen o seu móbil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen estar aferradas ao celular. Elenco: Akira Valero, Natalia Outeiro, Marta Iglesias. Autor, director: Antón Coucheiro