Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9:00 horas. (Pavillón dos Remedios). Inicio das competicións do Campionato de España de Ximnasia en Idade Escolar, durante todo o sábado 6 e domingo 7. Consulta os horarios.


9:00 a 19:00 horas (La Molinera) Segunda e derradeira das Xornadas de Robótica e Programación, que organiza o Centro de Formación e Recursos CFR Ourense da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello, dirixido a profesorado dos centros educativos de toda Galicia, co seguinte programa:

09:00 Coloquios e Obradoiros I:

Redescubrindo Android e multiplica as súas posibilidades: guía básica de supervivencia (Florentino Fdez-Riverola).

Unha nova forma de ensinar: realidade virtual e aumentada (Luis Álvarez).

3D: A arquitectura do futuro (Diego G.Lale).

IOT: A internet das cousas (José Antonio Pérez). Obradoiros:

O arduino na escola (Iván Gómez). Robots educativos en Primaria e Secundaria (Alejandro González).

Deseño de plantillas para o uso de robots educativos (Isabel Blanco). A cortadora láser e as súas posibilidades (Manuel Soto).

Scratch: Programar podemos todos (Eloy Froufe). Gamificación e aprendizaxe baseado en xogos (Roberto Alhambra).

12:30 Coloquios e Obradoiros II

16:30 Mesa de experiencias: CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio (Manuela Iglesias), CEE O Pino (Pablo Rodríguez e Silvia Rodríguez), IES Lama das Quendas (Javier Conde) e IES Cidade de Antioquía (FP) (Rubén Garrido)

19:00 Remate das Xornadas

 

19:30 horas (La Molinera) Relatorio do produtor Carlos Jean sobre "A creatividade soluciona problemas", dentro do Marco das Industrias Culturais e Creativas Ourense ICCWeek

 

20:00 horas (Teatro Principal). Belén Iglesias, concelleira de Cultura, asiste á clausura da 22 Mostra Internacional de teatro Universitario – Miteu.

 

23:00 horas (Auditorio) Oskara, de Kukai Danza (60m | 5€), dentro da MITEU 2017

Sinopse: Oskara é un traballo instalativo que percorre algunhas paisaxes da cultura vasca. Supón o encontro entre Kukai Dantza e Marcos Morau/La Veronal. É a unión entre dous universos coreográficos e dúas olladas cara á danza que navegan entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista. Debuxa un percorrido plástico e emocional de símbolos e iconografía de forza ambigua e desconcertante que, da maneira máis absoluta, contén a historia da experiencia humana.