Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas (Auditorio Municipal. Vestíbulo Superior) Presentación da exposición do CEIP Mende co gallo das Letras Galegas. Participarán sobre 50 rapaces/ as de ESO e Primaria, así como a concelleira de Educación e Cultura, Belén Iglesias. Haberá lectura de textos de Carlos Casares fronte á exposición de 14 gravados e 10 ilustracións do Principiño.

 

Do 8 maio ata o 16 xuño | Vestíbulo superior

Sinopse: A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos do
libro Vento ferido escrito por Casares. Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica. O seguinte texto foi no que se inspirou o autor da imaxe que anuncia a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.
“Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non
me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai...

 

20:00 horas (Praza Maior). Como cada primeiro luns hábil de mes, terá lugar na Praza Maior a concentración como repulsa á violencia de xénero convocada polo Concello de Ourense a través do CIMM.