Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9,00 horas (Salón de Plenos) Pleno do Concello

17:30 horas (La Molinera) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, inaugura as Xornadas de Robótica e Programación, que organiza o Centro de Formación e Recursos CFR Ourense da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello, durante os días 5 e 6 de maio en La Molinera, dirixido a profesorado dos centros educativos de toda Galicia. Esta primeira xornada inclúe dúas charlas:

18:00 Conferencia: “A robótica dende Infantil ao Bacharalato”, a cargo de Carmen Marín López, licenciada en Enxeñaría Industrial (Zaragoza), docente de Educación Primaria e coordinadora do proxecto Desafío STEM

20:00 Relatorio: La Molinera, a nosa razón de ser, a cargo de César Pichel, licenciado en Arquitectura, coordinador do centro de innovación e coñecemento La Molinera

 

18,00 e 19,00 horas (Auditorio) Teatro para bebés (ata 4 anos) “Os contos do chupete”, de Migallas Teatro (35minutos) Gratuíto para bebés bebés, entrada anticipada: 3 euros / Billeteira: 4 euros) Elenco: Bea Campos, Davide González

Sinopse: Bea e Davide teñen un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

 

23:00 horas (Auditorio) Albert Pla en concerto, dentro da MITEU 2017 (Entrada: 8 euros)

Sobe ao escenario só, en estado puro, con esa forza que ten para converter calquera platea nun escenario onde teatralizar as súas cancións e conseguir un espectáculo dunha poética inusual devastadora e electrizante. Cancións que contan historias tráxicas e delirantes, cotiáns e sorpredentes, delicadas e brutais, crúas e surreais nas cales o verdugo é tamén vítima, a calma transfórmase en trebón, a comedia convive coa traxedia e a serenidade desemboca no desenfreo. Todo para facer evidente a estreita liña que separa o ben do mal, o branco do negro, o positivo e o negativo.