Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) Xunta de Goberno Local

 

10,00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar sobre os acordos aprobados pola Xunta de Goberno Local.

 

10,30 horas (Parada de autobús situada ao inicio da rúa Ervedelo, nas proximidades da rúa Progreso) Continúa a campaña de seguridade viaria e concienciación para evitar atropelos que desenvolven conxuntamente Stop Accidentes e o Concello de Ourense percorrendo as rúas da cidade.

 

10,30 horas (Salón de Plenos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; e o presidente da Fundación Casares, Xabier Casares, presentan as actividades que desenvolverá o Concello de Ourense co gallo do Día das Letras Galegas 2017, dedicado este ano a Carlos Casares.

 

11,30 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel) Presentación da XXIII Copa de Campeones de División de Honor Juvenil. Asistirán: Rafael Louzán, presidente da Federación Galga de Fútbol; Raúl Rois, delegado territorial da Federación Galega de Fútbol; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Mario Guede, concelleiro de Deportes; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación.

 

12,00 horas (Salón de Plenos) Alumnos do IES Blanco Amor acoden ao Salón de Plenos do Concello de Ourense, no marco do Plan de Infancia e Adolescencia, para expoñerlles aos políticos as conclusións da xornada de traballo celebrada o pasado 21 de abril sobre a súa visión do modelo de cidade. Para escoitar as conclusións dos alumnos estarán, ademais do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e das concelleiras de Educación e Xuventude, Belén Iglesias e Sofía Godoy respectivamente, o director de Injuve, Javier Dorado e a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez.

 

16,00 horas (La Molinera) Unha viaxe cara á sociedade do coñecemento. Análise das tendencias da cultura dixital, dentro do programa da terceira edición do Marco das Industrias Culturais e Creativas Ourense ICCWeek, coa participación de: Francisco Rodríguez, director campus TIC Universidade de Vigo; Javier Gutiérrez, director xeral de VEGAP; Pako Rodríguez, conector en Ouishare; Jaime García Cantero, director de contidos de El País Retina; Xosé Lois Vázquez 'Che', director do Outono fotográfico.

 

19,00 horas (Parque biosaudable Beiramiño) Exercicios dirixidos nos parques biosaudables., actividade organizada polo Concello dentro da programación do Día da Saúde 2017, e incluida nos programas de envellecemento activo e de actividades dos centros cívicos municipais.

 

23,00 horas (Auditorio) A música na vida de Lorca, do grupo Samuel Diz. Miteu.es