Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Desde as 10:00 horas e durante toda a mañá: CORRELINGUA, no Auditorio e a Praza Maior. Coa participación de 1.375 escolares de Primaria e Secundaria de 19 centros educativos Baixo o lema En galego, sen cancelas festexará un ano máis a lingua con alumnado de Infantil e Primaria de Ourense e comarca. Isabel Risco será a encargada de amenizar o acto, onde haberá actuacións dos centros de ensino participantes e do grupo gañador do Cantalingua 2017.

10:00 horas. Sala de Xuntas de Alcaldía, SÓ GRÁFICOS, declaracións ao remate. A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, e o director de Viaqua en Galicia, Julio Masid, asinan un protocolo para axudar a familias con dificultades económicas.

 

10:30 horas. Salón de Plenos. Presentación do Campionato de España de Ximnasia Rítmica en idade escolar 2017, que se desenvolverá os días 6 e 7 de maio en Ourense. Participarán o concelleiro de Deportes, Mario Guede, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez, e o asesor de deportes da Deputación, Bernardino González.

 

12:00 horas. Delegación da Xunta en Ourense, SÓ GRÁFICOS, declaracións ao remate. O concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo reúnese co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez para tratar acerca do plan de sendas da Xunta de Galicia.

 

12:00 horas. Escola Municipal de Artes Escénicas e Musicais. Actuación da compañía "Xogos Florais 2.0" do CPR Divina Pastora coa obra 'A Casa Encantada', dirixida por Román Godás e con público asistente do IES Lagoas, dentro da programación da MOTECES (teatro para escolares de Secundaria) da Concellería de Educación.

 

12:00 horas. Madrid. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reúnese con Manuel Niño, secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, no marco dunha xuntanza da comisión de seguemento da integración do AVE en Ourense. (Enviarase imaxe e nota de prensa)

 

13:15 horas. Xardín do Posío. O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, visita xunto á delegada da Xunta, Marisol Díaz, a campaña "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor", liderada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia coa colaboración de Sogama e Ecoembes, e que chega a Ourense co fin de promover entre a cidadanía boas prácticas ambientais.

 

16:30 horas. AVV. Abeleda. Charla sobre a protección contra lumes forestais dentro da campaña de promoción da nova Ordenanza Municipal de Limpeza de terreos e solares e de protección contra lumes forestais.

 

19:00 horas. Parque Barbaña. Exercicios dirixidos nos parques biosaudables. Actividade organizada polo Concello no marco do programa de envellecemento activo e actividades dos centros cívicos, dentro do programa de actividades do Día da Saúde 2017.

 

 

19:15 horas. Sala Valente. Charla sobre "A morte súbita e como detectala cun recoñecemento médico ecográfico". Será impartida por un médico e persoal sanitario, con casos prácticos, tratando de detectar patoloxías coa ecografía, realizando un recoñecemento médico ecográfico que consta de: Exploración Física EKG- TA- ECO: Abdominal- Carótidas- Tiroides - Ecocardio- Vascular

 

20:00 horas. Centro de Coñecemento La Molinera. O alcalde inaugura a exposición "Augas quentes, 10 propostas para a rehabilitación do río Barbaña" A mostra é resultado do convenio formalizado polo Concello e a Escola Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña en virtude do cal alumnos participantes no programa IACOBUSS XXI dedicaron o seu ano de estudio a traballar na área do antigo cárcere provincial. La exposición, que combina paneis e maquetas, leva por título "Augas Quentes: 19 propostas para a rehabilitación do entorno do río Barbaña", e presentará algúns dos traballos realizados por alumnos das 3 universidades participantes.

 

20:00 horas. AVV. Cabeza de Vaca. Charla sobre a protección contra lumes forestais dentro da campaña de promoción da nova Ordenanza Municipal de Limpeza de terreos e solares e de protección contra lumes forestais.

 

20:30 horas. Liceo de Ourense. Concerto de Zoar, quinteto de vento – madeira galego, dentro do ciclo "Enclave de cámara" 2016-17. Creado en 2009, Zoar é un conxunto de cámara estable e activo, con formación de quinteto de vento clásico integrado por músicos entón da Xoven Orquestra de Galicia. Naceu coa intención de levar a orixinalidade e o dinamismo á escena musical ofrecendo propostas coidadas, novidosas e orixinais. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación de patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a realizar máis de trinta estreas absolutas, sendo unha boa parte delas encargas propias. O seu repertorio contén desde músicas do século XVIII, de J.S. Bach, ata a actualidade.

 

Encontro co público: Ademais, tanto para o alumnado do Conservatorio como para as persoas interesadas, 2 dos integrantes do quinteto, Antonio Suárez, clarinete, e Alex Salgueiro, fagot, ofrecerán un encontro co público esa mesma tarde ás 16h no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

 

21:00 horas. Auditorio. Miteu. A Compañía de teatro UC3M, Carlos III (Madrid) representa "La marquesa Rosalinda", orixinal de Ramón María del Valle-Inclán (Entrada 3 €) dentro do programa da MITEU.

Sinopse: Valle Inclán subtitula esta obra como "farsa sentimental e grotesca", e nela fúndense exquisitamente a tradición da Commedia dell'Arte e o teatro de estilo cortesán. A Marquesa Rosalinda vive farta do seu home, o Marqués Don Froilán, moito maior ca ela, e cae rendida aos encantos de Arlequín, quen acaba de chegar co carro da farsa, xunto a Colombina, Pierrot e Polichinela, a instalarse nos xardíns de palacio. Ao enterarse dos amoríos, o Marqués encarga a dous bandidos que dean un bo susto a Arlequín...