Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (Salón de Plenos). O alcalde, Jesús Vázquez; Eduardo Diz Monje, Coronel de la Guardia Real; e Gustavo Doncel Paredes, subdelegado de Defensa, presentan en rolda de prensa as actividades que desenvolverá en Ourense La Guardia Real.

 

11,00 horas (Auditorio). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á rolda de prensa de presentación dos Maios 2017.

 

11,00 horas (Hortas municipais de Mariñamansa) A Concellería de Educación organiza un ciclo de visitas de escolares á horta de Mariñamansa. A visita conta coa colaboración de persoas maiores da Horta Educativa Interxeracional e ten como obxectivos fundamentais posibilitar a transmisión de experiencias e a integración social entre nenos/as e maiores; aprender a respectar unha actividade grazas a cal podemos alimentarnos cada día; descubrir as posibilidades dunha forma de ocupar o tempo útil, sinxela, natural e sostible e facilitar ou contacto directo coa natureza. Neste actividade participarán durante o curso escolar un total de 732 alumnos cos seus respectivos profesores dos centros que a solicitaron, comezando o luns cos do Cpr. Concepción Arenal.

 

12,00 horas (Subdelegación de Defensa) O alcalde asiste aos actos do “Día da Subdelegación de Defensa en Ourense”.

 

13,00 horas (La Molinera). O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, asiste ao acto de clausura da II Lanzadera de Emprego de Ourense.