Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Desde as 11,00 horas (rúa do PaseoOurense Milla Solidaria 2017. Sublime Deporte y Cultura S.L., coa colaboración do Club Deportivo Aurum, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza a Ourense Milla Solidaria 2017, unha carreira pedestre de carácter popular e solidario, cuxa recadación en concepto de inscricións será doada integramente á “Asociación Española Contra el Cáncer”.

Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,34 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría. Poden participar atletas federados e populares.

Distancias e horarios:

11:00 Xuvenil – Junior H Milla 1.609,34 m.

11:10 Xuvenil – Junior M Milla 1.609,34 m.

11:20 Infantil – Cadete H ½ Milla 804,67 m.

11:30 Infantil – Cadete M ½ Milla 804,67 m.

11:40 Benxamín – Alevín H ¼ Milla 402,34 m.

11:50 Benxamín – Alevín M ¼ Milla 402,34 m.

12:00 Pitufos H – M 1/16 Milla 100,58 m.

12:10 V B – C – D H Milla 1.609,34 m.

12:20 V B – C – D M Milla 1.609,34 m.

12:30 Promesa – Senior – V A H Milla 1.609,34 m.

12:40 Promesa – Senior – V A M Milla 1.609,34 m.

13:00 Entrega de premios.

 

12,00 horas (Auditorio Municipal) “Don Quixote, unha comedia gastronómica” (para todos os públicos, 50m, interpretada por Fran Núñez.

Sinopse: Espectáculo que combina grandes doses de humor e tolemia para dar lugar a esta gastronómica versión da obra de Cervantes. O señor Alonso Quijano, cociñeiro, fascinado pola obra de Cervantes “Quixotízase” mentres cociña unha saborosa potaxe de vixilia, primeira comida que na venda lle ofreceron ao ilustre cabaleiro.

 

13,00 horas (Alameda) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitan o campo de tiro á chave que ven de ser reformado polo Concello.