Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9,00 horas (Centro cívico Colón, SÓ GRÁFICOS) Xuntanza de traballo sobre os obxectivos a implantar no Plan de infancia e adolescencia que está a elaborar o Concello de Ourense nas súas diferentes áreas: Ocio, cultura, e educación, medio ambiente y urbanismo, equidade e diversidade, benestar social e familia, saíde e actividade física, participación y cooperación. Participarán técnicos de todas as concellerías implicadas, que achegarán as súas propostas para a elaboración do Plan. A xuntanza estará dinamizada por Atelier Social, a empresa que está a redactar o plan.

 

9,15 horas (Asociación de Construtores de Ourense) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste aos actos de celebración do Día da Seguridade no Traballo.

 

11,00 horas (Salón de Plenos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, saúda á ao grupo temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico, que celebra unha xuntanza de traballo en Ourense. Participan unha vintena de técnicos e concelleiros de cidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e do Eixo Atlántico.

 

11,30 horas (Pavillón dos Remedios) Presentación do IX Campionato da Península Ibérica “Open” de ciclismo, que se desenvolverá o día 1 de maio, percorrendo os municipios de Ourense, Leiro, Ribadavia, Cenlle e Castrelo de Miño. Asiste o concelleiro Mario Guede.

 

13:00 horas (Praza Maior) Presentación do PIANO MEETING OURENSE 2017, unha novidosa actividade que se desenvolverá o vindeiro mes de setembro na cidade. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz; o director de Viaqua, Julio Masid; e Javier Otero Neira, pianista.

 

20,30 horas (Auditorio Municipal) Clownic representa a obra “Ticket”, dentro da MITEU 2017. É un novo espectáculo de teatro xestual creado colectivamente por Eduard Méndez, Xevi Casals, Gerard Domenech, Marc Montserrat e Tricicle sen afastarse das súas orixes tanto artísticas como estéticas.

Ticket é unha viaxe pola historia do cine de humor, un espectáculo de teatro de acción que toma como punto de partida as secuencias cómicas máis universais: Charles Chaplin, Marx Brothers, Keaton, Laurel & Hardy, Tati, Rowan Atkinson (Mr. Bean) e Monty Python, entre outros, para transformalas e trasladalas ao escenario reinterpretadas á maneira de Clownic. Unha sucesión de sketches trepidantes e delirantes que fusionan o cine de humor e o teatro cómico cun só obxectivo: facer rir ao público cada 10 segundos!

Entradas. Taquilla: 9 euros. Venta anticipada: 8 €

 

ACTIVIDADES DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 

11,00 horas (Cruz Vermella, rúa Díaz de la Banda nº40) Ideas para unha vida saudable, actividade organizada por Cruz Vermella no marco da programación do Día Mundial da Saúde 2017

 

18,30 horas (Centro Cívico Colón) Charla sobre “Depresión e alzheimer”, organizada pola Asociación Alzheimer