Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) Xunta de Goberno Local

 

10,00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar sobre os acordos aprobados na Xunta de Goberno Local

 

12:00 horas (A Chavasqueira) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Francisco Marín e os concelleiros de Turismo, Jorge Pumar, e Infraestruturas, José Araújo visitan as obras de reparación do noiro situado entre as zonas termais da Chavasqueira e O Tinteiro, na marxe dereita do río Miño (adxuntamos mapa de situación)

 

16:45 horas (Xardinillos Padre Feijóo). "Musiquendo", co Coro colegio Padre Feijoo Zorelle. Asiste a concelleira Belén Iglesias.

 

18,00 horas (Liceo) Escolares de Ourense participan nunha tertulia literaria co escritor Carlos Montero, acerca da súa obra “El desorden que dejas”. A actividade está organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense, e desenvólvese os días 25, 26 e 27 de abril, coa participación dun total de 192 alumnos/as (de 4º da ESO e 1º de Bacharelato) e 22 profesores da cidade e provincia. Asistirá a concelleira de Educación e Cultura, Belén Iglesias.

 

20:15 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel). Inauguración "Airiños, aires Rosalia". Asiste a concelleira Belén Iglesias.

 

23,00 horas (Auditorio) Teatro da Didascalia representa “One man alone”, dentro da programación da MITEU2017. Autor: Bruno Martins, duración: 60 minutos. Tarifa: 5 €

SINOPSE: O intérprete está literalmente só, sen nada máis. Todo transcorre nunha panadería, naquelas horas da noite nas que o panadeiro fai pan e o resto do mundo soña con el. A acción desenvólvese a través do xogo, entre o panadeiro rodeado de baguetes, pans de millo… Os seus instrumentos de traballo e os soños que o fan viaxar polo universo da imaxinación e catapúltano para un mundo irreal, a altas horas da noite, e acompáñano mentres amasa o pan. Quizais sexa pola necesidade de fuxir que el soña esperto. Quizais sexa o fermento que fai medrar o seu pan. Un virtuoso xogo físico do actor, que se multiplica en varios personaxes. 

 

ACTIVIDADES DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2017

 

12:00 horas (Cruz Vermella, rúa Díaz de la Banda, 40) Xerontoximnasia.

 

19:00 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel) Charla Falemos da depresión, do psiquiatra Ernesto Ferrer, organizada por Asociación Auria e Asociación Alcer