Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Salón de Plenos) Presentación do libro “Inspiracións”, que recolle as poesías finalistas do V Concurso de Primaria e ESO organizado polo Círculo Poético Ourensán, e da gala de entrega de premios do VI Concurso de Poesía para alumnado de Primaria e ESO, na que se coñecerán os gañadores e finalistas desta edición, e que terá lugar o sábado, 29 de abril, ás 11:30 horas no salón de actos da biblioteca pública, na rúa Concello. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Morgade, e a directora da biblioteca, Rosa Naya.

 

11,30 horas (Salón de Plenos) Presentación da programación do Auditorio Municipal para os meses de maio e xuño de 2017. Asistirán a concelleira de Cultura, Belén Iglesias e o programador Manuel Freire.

 

12,00 horas (Salón de Plenos) O alcalde recibe a cinco alumnos do Colexio Josefinas de Ourense que veñen de participar na XVIII Exporecerca Jove de Barcelona, a maior feira de ciencia internacional en España, onde conviviron e compartiron inquietudes con alumnos de ESO, Bacharelato e Universidade de toda España, resto de Europa e América Latina.

 

13,00 horas (Gastro bar Sanmiguel) Presentación do VI Concurso de pinchos Sabores de Ourense Educación de Primavera, que se desenvolverá do día 27 de abril ao 7 de maio na cidade, organizado pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO), coa participación de 41 establecementos da cidade. Asistirán o alcalde, o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, o secretario da UHO, Javier Outomuro, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Felicícismo Pereira.

 

18:30 horas (Confederación Empresarial de Ourense) Comeza a segunda sesión do curso de formación do Programa de Saúde Integral SÍ! da Fundación SHE, dirixido ó profesorado dos centros participantes. Trátase da iniciativa do prestixioso cardiólogo, o doutor Valentín Fuster, cuxo obxectivo é promover a saúde mediante a comunicación e a educación á poboación infantil.

 

19:30 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel) O alcalde asiste ao acto do XXX aniversario da fundación da EASD Antón Faílde.

 

21:45 horas (Pasarela peonil de Oira). O alcalde, Jesús Vázquez, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, asisten á inauguración do novo alumeado da pasarela peonil de Oira.

 

PROGRAMACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

18:00 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel) Charla A sombra da depresión na infancia, a cargo de Lorena Gómez, psiquiatra infanto-xuvenil, organizada pola Fundación Ingada no marco da programación de actividades do Día Mundial da Saúde 2017.

 

19:00 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel) Proxección de documental e coloquio: Investigación médica: Houston temos un problema, organizada pola Asociación-Plataforma Afectados pola hepatite C.

 

20:00 horas (Asociación de veciños O Couto, na rúa do Ensino, 22) Charla Depresión e alcolismo, do Grupo 24horas de alcólicos anónimo