Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:30 horas (Subdelegación de Goberno) A campaña de seguridade viaria e concienciación para evitar atropelos que desenvolven Stop Accidentes e o Concello percorre o centro da cidade, arrancando na Subdelegación de Goberno para ir despois por Ervedelo e Xoán XXIII. a actividade rematará ás 13h. O día 3 de maio a campaña realizarase nas rúas Nosa Señora da Saínza e Pena Trevinca.

 

11:00 horas (Sala Valente) Presentación da exposición "Os mundos de Carlos Casares", que acollerá a sala Valente desde o día 25 de abril ata o 21 de maio. Asistirán Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, Belén Iglesias, concelleira de Cultura, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xavier Casares Mouriño, presidente da Fundación Carlos Casares, Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación, Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia e Mª Sol Díaz Mouteira, delegada territorial da Xunta de Galicia.

 

12:00 horas (Salón de Plenos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy e o director de Queixumes dos Pinos, José Antonio Viñas presentan o Festival de Xóvenes Talentos 2017, que organizan Concello e Queixumes dos Pinos para dar a coñecer o talento dos/as artistas de 12 a 35 anos da nosa cidade.

 

19:00 horas (Sala Valente) Inauguración da exposición Os mundos de Carlos Casares. Asiste o alcalde, Jesus Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o presidente da Fundación Casares, Xavier Casares.