Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:45 horas (Queixumes dos Pinos). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ás III Xornadas interculturais na sede de Queixumes dos Pinos.

 

12,00 horas (rúa Madre Soledad, O Vinteún) O circuito de carreiras populares Correndo por Ourense comeza a súa edición de 2017, coa primeira das probas, que percorrerá o barrio do Vinteún, cun total de 1.056 corredores e corredoras nas diferentes categorías. Ás 12:00 horas sairán os Pitufos, ás12,05h, Benxamín, Alevín, ás 12,15h, Infantil e Cadete, e ás 12,30 horas, categorías Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos

Percorrido para as categorías de xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos (6.000m, 614 inscritos): Rúa Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad.

 

12,00 horas (Auditorio) Nova cita co teatro infantil, coa representación da obra “O traxe novo da emperatriz", a cargo da Aula de Teatro infantil do campus de Ourense (+5 anos 50 min).

Sinopse: nun país moi afastado, a Emperatriz trae de cabeza a todo o reino. Os seus chanceleres xa non saben como facer para que pare de gastar e sexa consciente da crise que asola o país. O pobo pasa fame e frío, peor a ela non lle importa.

Elenco: Manuela Casal, Amanda Saa, Noemi Guerrero, Carlos Quintas, María Novoa, Sonia Ferro, etc.

Entradas en venda anticipada, 3€, na billeteira, 4 €

 

18:00 horas (Os Remedios). IX Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica