Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas (Alcaldía. Só gráficos). O alcalde, Jesús Vázquez, recibe ao ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal.

Trala firma do ministro no Libro de Ouro do Concello de Ourense, ambos asinarán na Sala de Xuntas da Alcaldía un acordo de colaboración entre as dúas administracións para a difusión e promoción da enerxía xeotérmica. Este acordo chega tras varias reunións do rexedor ourensán con responsables do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (idea), onde se estudiaron as posibilidades de desenvolvemento da enerxía xeotérmica na cidade como fonte de enerxía renovable, co fin de dotar a Ourense dunha maior sostenibilidade e avanzar en estratexias conxuntas para optimizar a eficiencia enerxética e a búsqueda de financiación para novos proxectos, dentro dun Plan de Acción Local Enerxético con medidas e compromisos en materia de sostenibilidade enerxética e mitigación do cambio climático, apoiado na xeotermia.

 

11:15 horas aprox (antesala da Alcaldía). Declaracións aos medios do ministro, Álvaro Nadal, e do alcalde, Jesús Vázquez.

 

11:30 horas (Salón de Plenos. Só gráficos). Encontro do ministro, Álvaro Nadal, cos portavoces dos grupos municipais.