Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

12,00 horas (Auditorio) Continúa a programación infantil do Auditorio, coa obra Emoticores, de Las Tricotouses

Sinopse: Espectáculo de danza onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, ten como obxectivo axudar os pequenos e pequenas e o seu contorno familiar a identificar as emocións.

Elenco: Cristina Montero, Rut Balbís

 

12:45 horas (Catedral, Porta Norte) Procesión de Santa María Nai. Alcalde e Corporación asisten á procesión de retorno da imaxe de Santa María Nai, patrona da cidade, desde a catedral ata a súa igrexa matriz. A procesión sairá da Porta Norte da Catedral e percorrerá Juan de Austria, Santa Eufemia, Lamas Carvajal e Praza Maior, para rematar na igrexa de Santa María Nai.