Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (Pavillón dos Remedios) Inicio do Campionato Galego de Kung Fu moderno en categoría individual. Serán máis de 180 os participantes nesta competición que se desenvolverá na pista central do complexo deportivo de Ourense.

 

As competicións comezarán pola mañá, desde as 10:00 horas, coas modalidades de formas en todas as súas especialidades (Changquan, Nanquan, Taichí, Qigong, armas curtas, armas longas) competindo en todas as categorías de idade (pre infantil, infantil, cadete, juvenil, absoluto e veteranos), e antes da entrega dos premios haberá senllas exhibicións grupais de kung fu infantil e taichí. Xa en horario vespertino, disputaranse un total de 36 combates nas catro especialidades (Shuaijiao, Qingda, Kungfu Combat e Sanda), nos que se darán cita diversos campións nacionais.