Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9:00 horas (Salón de Plenos) Pleno do Concello

 

12:00 horas (Praza de San Martiño) Ruta urbana “Paseo pola saúde: falemos da depresión”, organizada con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde. Chegada ás 13:00 horas ao punto de saída, onde haberá unha carpa con zumes frescos para repoñer forzas.

 

17,30 horas (Alcaldía. Só gráficos) O alcalde recibe ao presidente nacional de Cruz Roja, Javier Senent

 

18:00 e 19:00 horas (Auditorio) Fíos do Querer , de Cé Orquestra Pantasma. Teatro para nenos de ata 5 anos (gratuíto para bebés)

Sinopse: Os meniños e meniñas, gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, facer palmiñas, xirar, brincar... O espectáculo está dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros naturais logrando, entre miúdos e grandes, armar unha pequena orquestra.

Elenco: César Freiría Prado: Cé orquestra Pantasma

 

20:00 horas (Sala Valente) Charla sobre a Morte Súbita e o recoñecemento médico ecográfico. Organiza a Concellería de Educación e colabora Semecor Centro Médico. Asistirán APA´s e profesorado de centros educativos da cidade.

 

21:00 horas (Auditorio) “Amigos ata a morte”, de Etiqueta Negra, escrita e dirixida por Javier Veiga, interpretada por Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola e David Amor

Sinopse: Comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que queremos para as nosas vidas pero que, como é ben sabido, se se mesturan moitas veces explotan… Nacho, Anxo e María. Dous homes, unha muller… e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou ao mellor non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutro xeito a amizade.