Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas (Alcaldía. Só gráficos). O alcalde, Jesús Vázquez, recibe á directiva da Unión Deportiva Ourense.

 

09:00 e 12:00 horas (Auditorio. Sala Azul). Teatro. "#1.000 likes" é un espectáculo de Teatro Participativo no que un actor e dúas actrices representan un caso de ciberacoso escolar. O obxectivo deste proxecto é que os espectadores participen nun debate para probar ideas e estratexias contra o acoso escolar. Tamén se presenta unha aplicación para os seus teléfonos móbiles.

Inscrición gratuíta e prazas limitadas. Na Concellaría de Sanidade. Rúa Vasco da Ponche, número 1. 32.004. Ourense

 

10:00 e 12:00 horas (Auditorio. Sala Principal). Teatro. “Acábate la sopa”

"Acábate la Sopa" é un espectáculo da Obra Social La caixa que ofrece a oportunidade de achegar por primeira vez ós máis cativos á música clásica e popular. A obra, que conta con guión e dirección artística de Anna Llopart e dirección musical de Josep María Guix, presenta a Muriel, unha rapaza á que cústalle rematar a sopa. Mentras come e, a través da súa imaxinación, catro músicos (clarinete,piano,vioin e violonchelo) e unha bailarina convirten os seus sonos nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías.

 Asistirán un total de 1660 alumnos e alumnas de Educación Infantuil e 1º e 2º curso de Educación Primaria de 25 centros de ensino. 

 

10:30 horas (Sala de Xuntas de Deputación. Só gráficos. Declaracións ao remate). Reunión do Comité de Cooperación Deputación-Concello de Ourense, presidida polo presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

 

11:30 horas (CEIP Mestre Vide). Programa Cardio.

A Educación en valores é un dos obxectivos da Concellería de Educación. A saúde dos ourensás é a preocupación constante deste departamento e, por iso, unha das actividades educativas que propón, Saúde Integral SI!, e que forma parte do proxecto da Fundación SHE, que preside o prestixioso cardiólogo Valentín Fuster, é a súa prioridade. Trátase neste caso, da semana da Saúde, coa visita da mascota Cardio a cada un dos 15 centros participantes, que permitirá ir un pouco máis alá nos obxectivos planteados: promover os bos hábitos mediante a comunicación e a educación á poboación infantil, exposicións dos traballos realizados polos nenos/as e pais/nais durante o curso, obradoiros educativos en torno aos alimentos, saídas escolares, actividades de carácter lúdico, etc. A presencia da mascota Cardio para entretelos e regalarlles unha bolsiña de gominolas de zumes de froitas 100% naturais, sen colorantes, sen glute e 0% graxas FAT, produto do Grupo Cuevas, está imbricada no programa, ademais da formación do profesorado, e a información constante aos pais/nais do traballo realizado.

Participan un total de 3.981 alumnos/as e a primeira visita será o día 05 de abril as 11:30 horas no CEIP. Mestre Vide. Asiste a concelleira Belén Iglesias

 

12:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa de presentación de “Correndo por Ourense 2017”. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

 

20:30 horas (Teatro Principal). Enclave de Cámara. Juan Pérez Floristán piano

Gañador do Primeiro Premio e Premio do Público no Concurso de Piano de Santander Paloma O’Shea e Primeiro Premio no Concurso Steinway de Berlín (2015), Juan Pérez Floristán é xa un referente entre as novas xeracións de músicos españois e europeos.