Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 e 12:00 horas (Auditorio. Sala Azul). Teatro. "#1.000 likes" é un espectáculo de Teatro Participativo no que un actor e dúas actrices representan un caso de ciberacoso escolar. O obxectivo deste proxecto é que os espectadores participen nun debate para probar ideas e estratexias contra o acoso escolar. Tamén se presenta unha aplicación para os seus teléfonos móbiles. Inscrición gratuíta e prazas limitadas. Na Concellaría de Sanidade. Rúa Vasco da Ponche, número 1. 32.004. Ourense

 

10:00 e 12:00 horas (Auditorio. Sala Principal). Teatro. "Acábate la sopa"
Asistirán un total de 1660 alumnos e alumnas de Educación Infantuil e 1º e 2º curso de Educación Primaria de 25 centros de ensino.
A Concellería de Educación coordina a asistencia dos alumnos e alumnas dos centros de ensino da cidade nesta actividade da Obra Social La Caixa que ofrece a oportunidade de achegar por primeira vez ós máis cativos á música clásica e popular

A obra, que conta con guión e dirección artística de Anna Llopart e dirección musical de Josep María Guix, presenta a Muriel, unha rapaza á que cústalle rematar a sopa. Mentras come e, a través da súa imaxinación, catro músicos (clarinete,piano,vioin e violonchelo) e unha bailarina convirten os seus sonos nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías.

 

11:15 horas (CEIP Prácticas). Comeza a actividade "Dobraxe na Escola", organizado polo Concello de Ourense a través da Concellería de Educación. Asiste a concelleira Belén Iglesias.

A técnica da dobraxe en xeral, e concretamente nas películas de animación, é unha ferramenta máxica e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nosos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...)
Traballando aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas para se divertiren na nosa lingua.
Destinado a alumnos e alumnas de 6º Educación Primaria.( 11, 12 anos)
Participan nesta actividade un total de 355 nenos e nenas de 9 centros de ensino públicos e privados da cidade.

 

12:00 horas (Salón de Plenos). O alcalde, Jesús Vázquez, e directivos de Viaqua reciben a persoal directivo argelino que está na cidade coñecendo mellores prácticas en materia de saneamento de Ourense.

 

12:45 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á presentación do Sorteo Especial "Cruz Vermella" da Lotería Nacional. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro; e do director de Relacións Institucionais de Loterías e Apostas do Estado, Manuel Gómez.

 

17:00 horas (Concello). Visita do Embaixador de Israel en España e Andorra, Daniel Kutner.