Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (Salón de Plenos). Pleno Extraordinario para tratar a proposta do grupo municipal de Democracia Ourensana pedindo ao alcalde, que solicite da Xunta de goberno local, a delegación da competencia, a favor do concelleiro don Gonzalo Pérez Jácome, para tramitar o procedemento de concesión da xestión da Praza de Abastos da Ponte, seguindo as canles e os procedementos contemplados na lexislación vixente aplicables na materia, por un espazo máximo de catro meses.

 

11:00 horas (anexo da Escola Municipal de Música). Dá comezo a actividade educativa denominada “Visita á Estación de Tratamento de augas Potables, ETAP. Cuyos obxectivos é dar a coñecer a importancia e necesidade de potabilizar as augas, o complicado e custoso labor de captación, potabilización, almacenamento e distribución da auga, e por último e non menos importante, concienciar da necesidade de non malgastar a auga potable.

O desenvolvemento desta actividade, que é totalmente gratuita, centrarase nunha charla no anexo da Escola de Idioma e na visita guiada á Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) na cidade de Ourense, onde se lles dará aos escolares unha explicación previa, a través dun soporte didáctico, do proceso que van ver: a Potabilización.

 

11:00 horas (Expourense). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración do VII Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade.

 

12:30 horas (Salón de Plenos). Recepción no Salón de Plenos co Centro francés: College Pilatre de Rozier de Wimille no departamento Pas-de-Calais, que está de intercambio co IES Lagoas. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez e a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

 

18:00 horas (Aula Municipal de Cociña). Comeza a Semana do Mar coa charla coloquio “Do mar ao prato, manipulación e limpeza do peixe”, de Ardora Formación e Escenoset, e un showcooking de Flavio Morganti, do restaurante Galileo. Serviranse 3 tapas degustación de produtos do mar. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Comercio, Flora Moure.

 

20:00 horas (Praza Maior). Concentración contra a violencia de xénero convocada polo Centro de Información Municipal ás Mulleres. Asisten o alcalde e membros da Corporación.