Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas (igrexa de Santo Domingo). Misa na honra a San Lázaro. A procesión co alcalde e membros da Corporación será ás 11:45 horas ata a igrexa dos Franciscanos (Parque de San Lázaro).

12:00 horas (Auditorio). Teatro infantil: Comenoites, de Os Naufragos

Sinopse: O Comenoites é un conto infantil, escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite. O Comenoites é un trasno regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos. Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá a saír nunca. Volverá o Comenoites a comer algún día e entón volverá o sol?

 

12:30 horas (Peliquín). O alcalde, Jesús Vázquez, visita o barrio de Peliquín con motivo da festividade de San Lázaro.

 

17:00 horas (Auditorio). A Galiña Azul, de Ubu Teatro.

Sinopse: os cinco relatos que se van entrelazando na proposta teatral teñen a vontade de transmitir as mensaxes que están no conto: a defensa da lingua, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, empréganse diferentes técnicas coma a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown. Todo pensado para que o público entre na Fantasía do real e desde alí saian todos os valores que hai detrás da proposta de Carlos Casares. Entrada gratuita

 

18:00 horas (Auditorio). The Hole (último pase)