Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9.15 horas (Expourense) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visita o Congreso Internacional de Drones que se celebra en Expourense.

 

11:00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa do alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira Facenda, Ana Morenza, na que informarán sobre asuntos de xestión económica do Concello

 

11:40 horas (A Carballeira )A concelleira de Asuntos Sociais e Xuventude, Sofía Godoy, visita a horta ecolóxica social posta en marcha pola asociación Sustinea e o Concello, que desenvolven unha actividade formativa en materia de agricultura ecolóxica enmarcada no proxecto "Un Rural para Tod@s", que establece ferramentas para paliar a ausencia de recursos económicos e o fomento da inclusión social mediante a agricultura ecolóxica.

 

12:00 horas (Expourense) O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración do Congreso Internacional de Drones.

 

12:00 horas (Salón de Plenos) A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, presenta a programación infantil do Auditorio municipal para o próximo trimestre.

 

14:00 horas (La Molinera) O Centro Municipal de Coñecemento acolle a LaconNetwork, o maior e más lonxevo evento de networking de Galicia, que reúne a emprendedores de todos os ámbitos de actividade o último venres de cada mes.

 

19:30 e 22:30 horas (Auditorio Municipal) O Auditorio acolle novas representacións do aclamado espectáculo The Hole, que combina cabaret, circo, burlesque, música e humor. Creado por Letsgo, Yllana e Paco León chega a Ourense contando como mestra de cerimonias con Cristina Medina (Sevilla, 1971), actriz, cantante e monologuista, popularmente coñecida polo seu papel de Nines Chacón en la serie La que se avecina.