Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8:30 horas (Alcaldía) Xunta de Goberno Local

 

9:30 horas (Salón de Plenos) Pleno extraordinario, cun único punto na orde do día:

Proposta do Grupo Municipal Socialista e de Ourense en Común para que se inste ao goberno municipal a que esixa á Xunta de Galicia a cesión urxente e gratuíta dunhas instalacións no actual edificio da Biblioteca Pública de Ourense na rúa Concello, nº 11 ou noutro recinto de titularidade autonómica co fin de evitar a desaparición do Ateneo de Ourense

 

10:45 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar acerca dos acordos da Xunta de Goberno Local

 

11:00 horas (Centro Cívico da rúa Colón) Xuntanza da Mesa da Mobilidade, que tratará as consideracións da Comisión Técnica constituida para a mellora da calidade ambiental, pacificación do tráfico, mobilidade, accesibilidade e integración da bicicleta na cidade

 

12:30 horas (Centro Médico el Carmen, Avenida Habana) O alcalde asiste ao acto de descubrimento da praca Q de Calidade turística, que recoñece a calidade do centro médico ourensán na área do turismo de saúde.

 

14:00 horas (La Molinera) O alcalde clausura a xornada Demoday, que se desenvolve na Molinera

 

18:00 horas (Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte) Curso-Obradoiro de sistemas de retención infantil e de cómo actuar en caso de emerxencia, organizado polo Concello en colaboración co 061 e a Policía Local, é un curso destinado a familias con nenos pequenos. Entrada libre.

 

18:00 horas (Auditorio) Pase gráfico do espectáculo “The hole”, que se estreará ás 20:30 horas na cidade. 

 

20:30 horas (Auditorio Municipal) Estrea en Ourense do espectáculo THE HOLE, que só en España conta con máis dun millón de espectadores.