Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas (Salón de Plenos). Pleno extraordinario.

Orde do día para a sesión extraordinaria do pleno do concello de ourense do día vinte e nove de marzo do ano 2017, ás nove horas.

Proposta do grupo municipal de Democracia Ourensana pedindo ao alcalde, que solicite da Xunta de goberno local, a delegación da competencia, a favor do concelleiro don Gonzalo Pérez Jácome, para tramitar o procedemento de concesión da xestión da Praza de Abastos da Ponte, seguindo as canles e os procedementos contemplados na lexislación vixente aplicables na materia, por un espazo máximo de catro meses.

 

11:15 horas (Montealegre). Acto de clausura do Obradoiro de Emprego de Montealegre. Asisten: o alcalde, Jesús Vázquez; e os concelleiros de Promoción Económica e Medio Ambiente, Jorge Pumar e José Araújo, respectivamente.

 

18:15 horas (Parque das traseiras da Estación de Autobuses). En Colaboración coa Cruz Vermella, Asociación de Veciños das Termas máis o Concello de Ourense, acto de concienciación e sensibilización co Medio Ambiente. Nenos de idades entre os 6 e 12 anos participan no proxecto e plantarán 7 árbores (Robinias e Arces). Asisten: o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo; e o concelleiro de Participación Cidadá, Carlos Campos.