Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

18:00 horasPista de atletismo do Campus de Ourense. O concelleiro de Deportes, Mario Guede, asistirá ao campionato ao VI Trofeo Club Deportivo Aurum que se desenvolve durante toda a tarde na pista de atletismo do campus, e inclúe entre outras probas os campionatos galegos de atletismo dos 10.000 metros e da milla en categorías masculina e feminina, tanto na modalidade individual coma por equipos. Participan 260 deportistas.

 

18:30 horas. Nosa Señora da Sainza Nº 26 baixo. O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da nova sede de Queixumes dos Pinos.

 

20:30 horas. O Concello de Ourense adhírese á iniciativa “A hora do planeta”, apagando durante unha hora as luces da Casa do Concello, na Praza Maior, en resposta ao chamamento realizado pola organización WWF a cidades de todo o mundo para que desde as 20:30 e as 21:30, apaguen a luz de edificios e espazos emblemáticos, co fin de amosar o seu compromiso fronte ao cambio climático.