Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos). Xunta de Goberno Local.

 

10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para informar dos asuntos da Xunta de Goberno Local.

 

11:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para presentar o Campionato de Galicia de 10.000 m. e Milla en pista. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

 

13:30 horas (Hotel Balneario Arnoia Caldaria). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á presentación do libro "Veinticinco años dando vida a los años", da Fundación San Rosendo.

 

17:30 horas (rúa Francisco Huerta y Vega nº 1, baixo.) O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitan a Asociación Down Ourense.

 

19:00 horas (La Molinera). Xoves inspiradores: Linkedin. Tres expertos ourensáns en redes sociais, particularmente en LinkedIn: Pablo Álvarez, Carlos Montero e Javier Tresguerras visitan mañá o Centro de Coñecemento Municipal La Molinera para explicar a súas experiencia no uso da rede social Linkedin, dentro da actividade “Influencers e redes”. A actividade está dirixida a persoas que desexen aprender a sacar partido á rede LinkedIn para a súa actividade profesional ou empresarial. A inscrición é gratuíta, a través da web www.lamolinera.net

 

20:30 horas (Auditorio Municipal). Solitudes, de Kulunka Teatro. + 16 anos . 85 minutos. Anticipada: 8€ / Billeteira: 9€. A compañía vasca Kulunka, especializada en máscara expresiva representará mañá, xoves, ás 20:30 horas a súa última produción “Solitudes”, na sala principal do Auditorio. Esta é unha historia que, a través do humor, afonda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia.

Elenco: Garbiñe Insausti, José Dault, Edu Cárcamo